Viagem ao País da Levitação: a Filosofia na literatura Infanto-juvenil

Idalina Rocha Oliveira Dias
2016 Elos Revista de Literatura Infantil e Xuvenil  
A intención do ensino de filosofía á nenez (ou máis ben, ensinar a filosofar) ten sido o lema para a produción de obras sobre conceptos, temas filosóficos e problemas ou sobre aspectos da historia de vida dalgúns pensadores. Aínda que estas publicacións son excelentes pretexto para o desenvolvemento da capacidade crítica e reflexiva dos futuros cidadáns, a verdade é que a miúdo o seu enfoque erra por ser demasiado teórico ou explicativo. Esta proposta para unha lectura filosófica da obra Viagem
more » ... fica da obra Viagem ao País da Levitação, de Gonçalo M. Tavares, toma a Platón como referencia teórica e ten como obxectivo mostrar que, á par de publicacións de filosofía para a nenez, as obras de literatura, pola súa apertura, son un aliado importante para ensinar a filosofar, pois estimulan a imaxinación e a creatividade, promoven o desenvolvemento das competencias esenciais de lectura e interpretación e permiten aos máis novos unha entrada natural na abstracción, no cuestionamento e na crítica.
doi:10.15304/elos.3.3109 fatcat:m5byf64c2jdezlfofkeabiryjq