Biblioteca de Emilia Pardo Bazán: procedencias

Mercedes Fernández-Couto Tella
2006 Tribuna. Cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán  
A chamada Biblioteca de Emilia Pardo Bazán está integrada na Biblioteca da Real Academia Galega. Trátase da biblioteca persoal da escritora que reúne 8.000 1 volumes e que constitúe un dos máis valiosos legados da que fora Presidenta Honoraria da Real Academia Galega desde a súa fundación. A historia da súa incorporación a esta institución remóntase ao ano 1938 en que Francisco Franco pasa a ser o propietario do Pazo de Meirás, unha das máis coñecidas propiedades da familia Pardo Bazán, que
more » ... rgaba dentro dos seus muros a biblioteca que pertencera á escritora. Corenta anos tiveron que pasar para que finalmente a Real Academia Galega conseguira, por parte do Ministerio de Cultura, a doazón de parte deste conxunto librario -outra parte segue estando a día de hoxe no pazo-que se conserva na sede da RAG xunto co arquivo da escritora e as pezas da súa Casa-Museo. A case total ausencia de estudos precisos sobre a biblioteca de Pardo Bazán -sen dúbida unha moi importante fonte de documentación-levou á coñecida afirmación de que os libros que actualmente se conservan na RAG se corresponden exactamente cos do pazo de Meirás. Non obstante, unha detida ollada sobre os oito mil volumes que agora a conforman, revela unha serie de datos indicativos de que ademais destes volumes provenientes do Pazo de Meirás, existiría, polo menos, outro conxunto con distinta procedencia. Todo parece indicar a existencia dunha pequena biblioteca pertencente á familia Pardo Bazán, formada polos herdeiros da escritora, e que estaría xa no edificio da rúa Tabernas 11 cando éste se doou á RAG. Deste xeito, a bilioteca da escritora veríase aumentada por volumes que incorporarían os seus descendentes. Neste artigo pretendemos expor datos que avalarían esta hipótese e que, se cadra, poderían servir como un primeiro paso cara a novas investigacións. 1 O programa informático que utiliza a biblioteca da RAG non permite facer o cálculo diferenciando entre títulos, volumes e localizacións polo que as cifras que se dan neste artigo son aproximadas e non exactas.
doi:10.32766/tribuna.3.53 fatcat:werp7uno5ba5phseucsmuiwyfy