Festa e identidade nunha parroquia de Nemancos

Manuel Vilar Álvarez
1995 Cuadernos de Estudios Gallegos  
Coucieiro é unha parroquia «interior» do concello de Muxía e tina 502 fregueses no 1986 (fronte aos 6.411 habitantes que tina o concello), espallados en 15 núcleos ou aldeas (Torres Luna; 1989) . A principal fonte de vida das súas xentes foi o traballo no campo xunto coa industria de transformación da madeira, na parroquia hai dous serradoiros que empregan a mais de 40 obreiros e moitos deles son doutros lugares de fóra. Hoxe son poneos os que viven da agricultura ou da gandería, pero en case
more » ... das as casas podemos atopar aínda dúas ou tres vacas; séguese a plantar as patacas precisas para o autoconsumo e algún millo. As escenas da malla case desapareceron e foron substituidas polas da herba, aínda que moitas veces só o fagan «pa sácala dos herbales». A emigración temporal a Suiza, a construcción e os subsidios dos vellos son outras fontes de ingresos e de subsistencia. Coucieiro é unha das 14 parroquias de que consta o concello de Muxía, segundo as estatísticas oficiáis. Pero ningún muxián será capaz de contar as 14 parroquias, contará 12 ou contará incluso menos, xa que para eles Nemiña (a onde ía Fondai estudiar latín) e Caberta eos seus 149 e 173 fregueses, as súas pequeñas igrexas románicas, as súas festas e os seus cemiterios, non teñen tal categoría polo que reciben o nome de anexos. Caberta é anexo de Coucieiro, Nemiña é o de Touriñán, aínda que esta última sexa menor en extensión e en fregueses. Hai outras parroquias muxiás que non superan o número de fregueses de calquera destes dous anexos, pero teñen moi clara a súa condición e categoría de parro-"CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS", Tomo XLII, Fascículo 107, Santiago 1995. (c) Consejo Superior de Investigaciones Científicas Licencia Creative Commons 3.0 España (by-nc)
doi:10.3989/ceg.1995.v42.i107.271 fatcat:pskjkpl2hnhzhgelvyvwlet4qy