4 poemas nunca antes vistos

Estíbaliz Espinosa
2004 unpublished
INSTRUCIÓNS achégate. non fagas moito ruído. durmo. sostén o medicamento coa man esquerda mentres a dereita o abre lentamente. recolle a miña cabeza co dorso da túa man. se pos os teus beizos na miña fronte comprobarás que subiu a febre. no teu peito apoias a miña cabeza inflamada de delirios. fóra vai un vento especial. un vento requerido. coas mans libres termas dunha diminuta culler branca e o preparado que se verte sobre ela. murmuro cun fío de voz que a xeometría está equivocada. dime que
more » ... ale (cala, deliras) e ponme a menciña nos labios. asegúrate de que a trago ben e volve deixarme con coidado sobre a almofada. cóntame cousas no oído, moi baixiño, só para min, para que me durma. e pecha as cortinas. non nos vaian ver (do poemario inédito un dous,
fatcat:335o5kiu6jevjgyrjzfkq2ipeu