Contextos universitarios trasnformadores. Construíndo espazos de aprendizaxe. III Xornadas de Innovación Docente [book]

Enrique de la Torre Fernández
2019
PALABRAS CLAVE: estudos ingleses, estudos irlandeses, contidos web RESUMO (ABSTRACT) Tanto a área das Humanidades como especificamente os Estudos Ingleses atópanse nun importante momento de transición durante o primeiro cuarto do século XXI. A situación xeopolítica actual, dominada polas tensións entre a globalización e as sensibilidades locais, invita a repensar as relacións dos individuos e das comunidades coa cultura e coas letras e, por este motivo, é importante xerar coñecemento que se
more » ... ecemento que se adecúe ás necesidades do alumnado que estará exposto a este panorama social. Neste sentido, dende os Estudos Ingleses da Facultade de Filoloxía e os Estudos Irlandeses do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses, estanse a facer esforzos por achegar ao noso alumando e á comunidade local e global o coñecemento cultural e académico que manexamos nas nosas actividades universitarias, e estanse a desenvolver iniciativas para dinamizar estes clusters informativos. Unha destas propostas educativas consiste no desenvolvemento dunha rede informativa sobre os recursos de investigación no ámbito dos Estudos Irlandeses. O grupo de investigación de Estudos Irlandeses está a crear unha páxina de contidos web que pretende ser pioneira no ámbito estatal, e que recollerá ferramentas de investigación relacionadas coa lingua, a literatura, a cultura, o cine e as artes do ámbito irlandés. 545
doi:10.17979/spudc.9788497497121 fatcat:3cmozkvvmndarnfl6ukne5iaki