Sobre o Dicionario de afixos do galego medieval

Xoán López-Viñas
2012 Revista Galega de Filoloxía  
Neste artigo presentamos unha versión parcial e provisoria do Dicionario de afixos do galego medieval, que constitúe o primeiro repertorio temático de formacións afixais derivativas dentro do sistema lingüístico galego-portugués e que está en fase de elaboración. O corpus textual en que nos baseamos cínxese, polo momento, á produción literaria do galego medieval, isto é, á poesía profana e relixiosa, á Arte de Trovar, ao Livro de Tristan, á Crónica Troiana, aos Miragres de Santiago e á Crónica
more » ... ntiago e á Crónica de Santa Maria de Íria. Canto á organización da información deste traballo, após a descrición da creación deste dicionario e do seu proceso de elaboración, detallamos a macroestrutura e a microestrutura dos artigos lexicográficos, cunha breve mostra de voces afixadas que aparecerán neste catálogo lexical.
doi:10.17979/rgf.2012.13.0.3827 fatcat:7ggwzifv2ndr7okrkrkvhmkwey