"O último verán" de Mauro Corona

Alessandro Zamengo, Giada Giacomel, Giulia Scalco
2015 Madrygal Revista de Estudios Gallegos  
Para dar unha idea de como foi a nosa terra e aínda pode ser, de como o esforzo e o traballo do pasado aínda están no corazón das persoas da nosa zona, decidimos presentar unha historia escrita por un home que da clásica figura do escritor no ten moito. A Mauro Corona, antes que chamarse e deixarse chamar "escritor", gústalle máis ser alpinista, escultor, amante da natureza e do que esta pode ofrecer. A súa maneira de escribir é un xeito de bloquear para sempre no papel memorias, paixóns,
more » ... tas e moitas outras ensinanzas que poderían perderse. El naceu en Erto, unha pequena aldea que está preto da fronteira entre as rexións de Friuli Venezia-Giulia e Veneto, no norte de Italia. Este pequeno lugar está situado nos Alpes e aínda que ten só 400 habitantes, é moi coñecido polos italianos por unha triste historia ligada a el e ao val no que se atopa esta aldea: o val do Vajont, que leva o seu nome do río que pasa por alí. O nome Vajont trae á mente lembranzas tristes para os italianos que viron o que traxicamente pasou neste lugar no día 9 de outubro de 1963. Nos anos 50, paráronse as augas do río para a construción dun encoro para a produción de enerxía. Por desgraza, uns dez anos despois da súa construción, un deslizamento do monte no que fora construído o encoro provocou unha onda de tan grande alcance que se abateu sobre todo o val e causou a morte de máis de 1900 habitantes da zona. Mauro Corona viviu esta traxedia en primeira persoa cando era só un neno de 13 anos, e, no momento en que decidiu compartir as súas historias e os seus coñecementos, dedicou moitos escritos a esta traxedia e ao que os seus habitantes viviran. O noso relato "O último verán" ("L'ultima estate") atópase no libro Il volo della martora * , que foi a obra de estrea do escritor, na que simplemente volve dar vida ás figuras e aos acontecementos relacionados coa súa infancia, así como ao tráxico acontecemento ocurrido no val do Vajont que cada italiano ten o dereito e o deber de lembrar. * Il volo della martora (© Mauro Corona, 1997), publicado por Arnoldo Mondadori Ed. (2003, 2014) Foto tirada de: http://lnx.whipart.it/letteratura/9347/corona-confessioni-derosa.html.
doi:10.5209/rev_madr.2015.v18.51466 fatcat:wessez3h5nfnbmclwvwlu45pp4