Contribución de Carlos Alberto Ferreira de Almeida ó coñecemento da Cultura Castrexa 1

Francisco Lourido
unpublished
This paper is an approach to the methodologies followed by Carlos Alberto Ferreira de Almeida in his researches of History of Art, Archeology and Anthropology. It shows his evolution and the essencial contribution that he made to the knowledge of "Cultura Castreja". Quizais por tratarse dun traballo moi laborioso, que precisa dunha boa formación metodolóxica en xeral e sobre Cultura Castrexa en particular, así como dispor do maior número posible de publicacións, dispersas moitas delas en
more » ... s locais desaparecidas, aínda non contamos cunha historia da historia do Castrexo. Aproveitando o nome do amigo e, para o que agora interesa, relevante estudoso desta cultura, decidín que a miña colaboración ó seu congreso versaría sobre a súa obra, incardinándoa, a xeito de primeiro chanzo, nesa futura historia que, aínda que levante ronchas como tódalas antoloxías e obras desta caste, xa vai sendo tempo de encarar. A miña intención primeira foi a de enfocar a análise na liña da corrente antropolóxica posmoderna de Clifford Geertz e seguidores, metodoloxía que analiza a obra a partir do coñecemento que se ten sobre o autor; pero boteime atrás porque, aínda sabendo moito da peripecia vital de Ferreira de Almeida, algunhas etapas importantes na súa formación non me son totalmente evidentes e, para que o método de Geertz sexa fiable, non debe de haber zonas significativas en sombra ou penumbra. Reducirei, pois, ó mínimo imprescindible as alusións á vida do autor. As súas inquedanzas intelectuais levárono a investigar en diferentes eidos do saber, sobre todo en historia, historia da arte, antropoloxía e arqueoloxía, e, nesta última disciplina, nas etapas castrexa e romana do Noroeste, sen renunciar a algunha incursión no mundo medieval. O primeiro que pode resultar rechamante para calquera que saiba da súa liña de traballo é comprobar que se trata dun autor que ven sendo coñecido pola súa obra arqueolóxica sobre protohistoria e romanización (e este congreso está a evidencialo), mentres que tódolos seus traballos académicos (tese 225 Nova Série, Vol. XXV 1 Esta colaboración foi elaborada para o Coloquio de Homenaxe a Carlos Alberto Ferreira de Almeida celebrado en Santiago do 2 ó 4 de outubro de 1997. O Departamento de Historia I da Universidade de Santiago foi demorando a súa publicación ata, sen devolver os orixinais nin comunicalo ós autores, decidir que non se publicaba. Agradezo que fora aceptada, íntegra e sen modificación, no presente volume.
fatcat:wxyjjr3l2va4le44dksfqwyfbu