José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia
Paula Cousillas Pena
2018
Madrygal Revista de Estudios Gallegos
Galicia ou apoiando algúns dos nosos actos. Por outra banda, desde a miña xestión creáronse Diplomas cos que se pretende prestixiar a Casa como símbolo de galeguidade, recoñecendo a personalidades e a profesionais, que salientan polo seu interese e afecto por Galicia. -P.C.: Que é o que máis interese pode suscitar da Casa? Por que deberiamos vela ou acudir a ela? -J.R.Ó.: A Casa é un referente importante para todos os galegos de Madrid e para os non galegos que queren coñecer a nosa comunidade
more »
... utónoma, así como a súa cultura, polo que celebramos diferentes actos ao longo de todo o ano. É, ademais, un centro administrativo cun servizo de Atención ao Cidadán e un Rexistro de petición, que permite aos galegos a xestión de trámites da Administración autonómica sen necesidade de desprazarse ata Galicia, xa que esta é a Delegación da Xunta de Galicia en Madrid e, por tanto, somos parte da súa Administración. A Casa de Galicia foi fundada en 1992 co obxectivo principal de proxectar a cultura galega en Madrid. Hai exactamente 20 anos, en 1998, a nosa compañeira Ana Acuña facíalle unha entrevisa ao daquela director desta Casa, Xosé Antonio Ferreiro Piñeiro. Naquela entrevista, o señor Ferreiro Piñeiro explicaba en profundidade as funcións da Casa e toda a actividade que desde esta se levaba a cabo. Actualmente, e desde o ano 2009, é José Ramón Ónega López a persoa que posúe esta gran responsabilidade: a de salvagardar e a de transmitir a cultura galega desde este espazo galego do exterior. -Paula Cousillas: Desde que vostede é director da Casa de Galicia leváronse a cabo cambios significativos con respecto aos obxectivos iniciais con que esta naceu? -José Ramón Ónega: Mantéñense as liñas principais de actuación que motivaron a creación desta institución: o fomento e a difusión en Madrid da cultura galega, a súa economía e os seus atractivos turísticos, que son moitos, como é de todos sabido. Liñas de actuación que se consolidaron e se potenciaron, adaptándonos ás necesidades do momento, que evolucionaron. Potenciouse, así mesmo, a proximidade aos colectivos profesionais galegos en Madrid, pois hai importantes asociacións de médicos, xuristas, empresarios e xornalistas, entre outras, que teñen as nosas instalacións como lugar de referencia, ás que acoden con frecuencia e onde celebran as súas reunións. Tamén se potenciou a relación con representantes diplomáticos no país; por aquí, por exemplo, pasan moitos embaixadores buscando un primeiro contacto con
doi:10.5209/madr.62621
fatcat:mwrsnbt4lbfifmrnfvmqywuhci