A normalización lingüística do galego através dos blogs: o caso de Blogaliza

Lara Dopazo, David Lombao
unpublished
Resumo O galego é unha lingua minorizada. O nacemento dunha comunidade de blogueiros, Blogaliza, que usan dun xeito practicamente único a lingua galega para se expresaren e discutiren arredor de todo tipo de temas, contribúe ao uso normal deste idioma. 1. O galego coma lingua minorizada Entendemos o concepto de lingua minorizada como a noción que refire a aquelas linguas que, convivindo con outras nun mesmo espazo xeográfico e social, e tamén compartindo falantes, se sitúan nun nivel inferior,
more » ... a sexa no referido a status, número de falantes, etc. Tal e como afirma o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UdC) na súa información referente á elaboración dun Plano de Normalización Lingüística, "o galego é unha lingua minorizada que, despois dunha primeira fase de normalización plena, sufriu un forte desprestixio social durante séculos cunha perda progresiva de falantes que se fixo máis importante ao longo do XX, especialmente desde os anos 50. Nas últimas décadas, as diferentes institucións galegas desenvolveron unha serie de medidas para superar esta fase e conseguir a total normalización da lingua galega" 1. Polo tanto, podemos afirmar que o uso da lingua galega sufriu un descenso cualitativo e cuantitativo en beneficio da lingua castelá, tanto en eidos coma no ensino, na vida pública ou nos 1 SNL da UdC-http://www.udc.es/snl [consultado o 15-5-2006]
fatcat:ollxpxrfgfe4tppihwp6b6touu