Presentación

Francisco Javier López Corrales, Mercedes Mareque Alvarez-Santullano
2013 Revista Galega de Economía  
A idea de elaborar este bloque temático dedicado á auditoría responde á importancia que ten esta actividade, especialmente en épocas de crise, momentos nos que os usuarios da información contable demandan que este servizo sexa de maior calidade e proporcione unha mellor información que contribúa a afianzar a credibilidade dos estados financeiros. Responden as auditorías ás expectativas dos distintos usuarios da información que necesitan unhas contas co maior grao de fiabilidade posible para a
more » ... ma de decisións? Existe diversa literatura a este respecto tanto na Unión Europea coma no ámbito internacional que cuestiona o papel que desempeñan os auditores, e os últimos escándalos financeiros así o confirman. Algúns informes emitidos non fan referencia ningunha á continuidade da empresa, e nalgúns casos non conteñen ningún parágrafo de salvidades. Coa intención de apuntarmos unha serie de reflexións sobre determinados aspectos da auditoría de contas, presentamos este bloque temático que consta de seis artigos, elaborados na súa maioría por profesores universitarios que contan no seu currículo cunha dilatada experiencia investigadora no campo da auditoría; así mesmo, a actual presidenta do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC) incorpora un traballo relacionado cun tema de máxima actualidade: a independencia do auditor. Os profesores da Universidade de Vigo, Mercedes Mareque, Francisco López Corrales e María Teresa Fernández, presentan o artigo "Grao de cumprimento dos auditores das Normas Técnicas de Auditoría. Un estudo empírico aplicado ás empresas galegas". Neste traballo, partindo dunha mostra de 1.236 informes de auditoría de empresas galegas non cotizadas, os autores analizan se o formato e o contido dos informes é acorde á normativa vixente e a súa relación co tipo de opinión que contén e o auditor que o emite.
doi:10.15304/rge.22.1.1274 fatcat:tmymht6nzbgvtpccloozcpxchq