O uso dunha cota variable de royalty para preservar as reservas de petróleo

Joao Manoel Losada Moreira, Lucélia Ivonete Juliani, Sinclair Mallet Guy Guerra
2015 Revista Galega de Economía  
Neste traballo analízase a posibilidade de utilizar unha cota variable de royalty para inducir as empresas nunha contorna competitiva a preservar as reservas de petróleo. Inicialmente, desenvolveuse un modelo da evolución das reservas de petróleo, dispoñible para a extracción por un empresario en réxime de competencia, incluíndose na expresión do beneficio económico a cota variable de royalty. O modelo formúlase como unha función loxística que describe o comportamento dos recursos naturais
more » ... ursos naturais renovables. Os resultados obtidos mostran que a situación que maximiza o beneficio económico do empresario e redu-ce a taxa de extracción do petróleo se produce cando a rendibilidade neta do empresario se aproxima á súa taxa de xuro relevante. Isto é debido á propensión do empresario a aumentar a taxa de extracción dos recursos naturais para darlles cabida ás variacións na rendibilidade causadas polo mercado. A introdución dunha cota variable de royalty proporciona unha variable que pode compensar estas flutuacións e ofrecer-lle ao empresario unha rendibilidade próxima á súa taxa de xuro relevante. Os resultados mostran que é posible regular, dentro duns límites, o nivel de reservas de recursos naturais e obter recursos financeiros para levar a cabo políticas sociais.
doi:10.15304/rge.23.1.2464 fatcat:juqlgguhinhobipl5sthmn6q4e