RAMEY, Joshua, Deleuze hermético. Filosofía y prueba experimental, Editorial Las cuarenta, Buenos Aires, 2016, 416p

Miguel Ángel Martínez Quintanar
2019 Agora papeles de Filosofía  
Nunha carta dirixida a Arnaud Villani, e datada no Nadal de 1986, Deleuze estima que un autor escribe un libro digno se pensa que os que tratan o mesmo tema, ou un tema próximo, caen nunha especie de erro global (función polémica do libro), considera que algo esencial foi esquecido sobre o tema (función inventiva), crea un novo concepto (función creadora) (Gilles Deleuze: Lettres et autres textes, Minuit, Paris, 2015, pp. 86-87). Cumpre o libro de Joshua Ramey estas tres esixencias? Ramey busca
more » ... encias? Ramey busca combater un erro: a interpretación metafórica dos conceptos deleuzianos (devir, intensidade, molecular, desterritorialización, plano, por exemplo). Invita a tomalos como descubrimentos dunha filosofía vinculada ao hermetismo. O hermetismo, segundo o autor, non é escurantismo, artes pre-científicas, anti-racionais. É un paradigma espiritual que apela a modos experimentais de existencia, e vincula o pensamento a procesos de transformación nos que o pensamento é unha proba na que se xoga devir-outro. Experimentación artística, conversión ética, saber ontolóxico, utopismo político, están vinculados, segundo el, ao esoterismo. En segundo lugar, busca reparar un esquecemento: a influencia do hermetismo filosófico na historia do pensamento europeo. Ramey reconstrúe a corrente subterránea que comeza cos presocráticos, pasa polo neoplatonismo, renace con Nicolás de Cusa, Pico della Mirandola, Giordano Bruno, Spinoza, irrompe en Novalis e Schelling, e toma forza en Bergson e Deleuze. Na súa interpretación, ser hermético non significa adorar divindades. É resaltar o simbolismo non-alegórico que transcribe a inmanencia en signos enigmáticos, xeroglíficos, arranxos inéditos. Non sen-sentidos místicos, discursos proféticos, retóricas espectaculares. O pensamento é plano, corte
doi:10.15304/ag.38.1.5462 fatcat:u2nx3xljzfarjaf4mnkdjuk5mq