Estrutura produtiva, ciclo político e desigualdade: o caso de Uruguai, 2004-2011

Luis Buendía García, Antonio Sanabria Martín
2013 Revista Galega de Economía  
O triunfo electoral do Frente Amplio (FA) uruguaio en outubro de 2004 representaba en aparencia unha ruptura con toda a política económica seguida ata aquela e que desembocou entre os anos 1999 e 2002 nunha grave crise económica. Neste artigo analízase o proceso iniciado coas reformas do FA, partindo da evolución da estrutura produtiva do país, dos cambios na distribución primaria da renda e, finalmente, da distribución secundaria e da pobreza. O traballo conclúe que, en termos de política
more » ... os de política social, a ruptura foi real e tivo lugar unha importante redución da desigualdade. Porén, e a pesar de recoñecer as limitacións derivadas dun período de análise aínda necesariamente pouco prolongado, os cambios na estrutura produtiva foron menores, o que pon en risco os logros anteriores ante conxunturas económicas menos propicias que as actuais.
doi:10.15304/rge.22.extra.1401 fatcat:bg3iysjkazd2plntbx3ncg24pq