A represión franquista en Ourense

Xosé Manuel Cid Fernández
2018 Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación  
A represión sufrida polo maxisterio en 1936 foi un proceso meditado e organizado para derrubar todo o que lembrase á escola republicana, tanto o seu soporte ideolóxico, como as innovacións metodolóxicas experimentadas nese curto período de renovación e democratización. Ourense foi unha das prazas fortes na consolidación da escola republicana –cunha poderosa asociación con conciencia de clase e unha revista vangardista–, e a resposta dos golpistas pódese cualificar de cruel e desproporcionada.
more » ... desproporcionada. Os amañados consellos de guerra, os paseos, a destitución e/ou inhabilitación para o exercicio da ensinanza, os traslados, as suspensións temporais de emprego e soldo foron as principais sancións a que se enfrontaban, e que padeceu aproximadamente un terzo dos máis de 1700 mestres da provincia. Os outros dous terzos non se libraron dun férreo control sobre a súa vida privada e o seu exercicio profesional. Moitos dos mais perseguidos evitaron o paso de "destituídos" a "paseados" aproveitando a solidariedade dos veciños, das organizacións de axuda a republicanos e das poboacións fronteirizas da raia portuguesa.Jose Antonio Afonso (2016), Escolas rurais na 1ª República portuguesa. 1910-1926. Discursos e representações sobre a periferia. Entre todas as acusacións, a pertenza á ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) era de alto risco, polo que os dirixentes tiraron de imaxinación para pórse a cuberto. De feito, o número de dirixentes da Asociación paseados redúcese a tres, que, ademais, non eran dos mais activos no seu funcionamento. A maior parte conseguiu exiliarse ou permanecer agochada.
doi:10.17979/srgphe.2017.21.0.4821 fatcat:67q2qkkkxrhetiywwjnqgdrwwy