O número 304 da revista Nós: un relato contrafactual

Xesús Alonso Montero
2016 Madrygal Revista de Estudios Gallegos  
Nota preliminar Para algúns eruditos, a derradeira aparición de Nós foi o número 139-144, impreso en Ourense e correspondente ó período xullo-nadal de 1935. Eses eruditos, sen excluír a algúns ilustres hemerólogos, afirman que, cando se preparaba o número seguinte (sería o 145), aconteceu en España unha sublevación reaccionaria (xullo de 1936) que decapitou o aparato institucional da II República. Engaden eses eruditos que Galicia en poucos días foi tomada pola pouta desleal do Exército e
more » ... do Exército e aterrorizada pola chulería e as armas da Falanxe. Precisan eses eruditos que, de agosto a decembro de 1936, Atila xa imperaba no noso país, denominado por un ilustre debuxante "Galicia mártir". Non foi tal. Houbo, si, unha sublevación militar, que axiña foi abafada en toda España polos militares afectos e polas forzas que gañaran as eleccións do 16 de febreiro de 1936, as forzas inesquecibles do Frente Popular. Galicia, o 25 de xullo dese ano, xa era terra librada. Así pois, non foi decapitado o Seminario de Estudos Galegos, non foi suprimido o Partido Galeguista nin se tronzou a publicación da revista Nós, que publicou o número 145 en setembro de 1936. Foi nese setembro cando os políticos e parlamentarios galeguistas estudaron a fondo o texto do Estatuto de Autonomía de Galicia plebiscitado o 28 de xuño de 1936, días antes da intentona militar que fracasaba moi pouco despois. É o Estatuto que, con notables emendas positivas, foi aprobado nas Cortes Xerais o 14 de abril de 1937. Desde esa data a hoxe, dentro do marco da Constitución Española (reformulada nalgúns artigos), Galicia é gobernada por ese estatuto, que ten o asentimento da maior parte da poboación galega, cada vez máis esixente en materia social e educativa. Xa era moi esixente o día 15 de setembro de 1951, data na que a imprenta Nós publicou o número 304 da revista homónima, un número especial dedicado ó gran poeta e periodista Manuel Curros Enríquez no primeiro centenario do seu nacemento. Cómo era Nós antes do 14 de abril de 1937? Así pois, a revista Nós, estreada en 1920, non interrompeu a súa publicación en 1936 nin en ningunha data posterior. O que hoxe nos propoñemos é comentar o número 304 por parecernos moi representativo do perfil ideolóxico asumido pola revista pouco despois de 1936. Non só se incorporaron voces novas, senón que algunhas das "clásicas" experimentaron cambios, ás veces sorprendentes. O caso máis claro foi o de Vicente Risco, o Risco capaz de escribir no ano 1921, un ano despois da aparición de Nós: Eu bendigo a endogamia... Alédome cando un galego casa cunha alemá, cunha inglesa ou cunha irlandesa; dáme tristura velo casar cunha italiana ou cunha turca. Creo na selección e na euxenesia e sei das propiedades dexenerativas do mestizaxe. (A Nosa Terra, 15-11-1921)
doi:10.5209/madr.54186 fatcat:77vkbymbb5aqdizmkv3ioiqqiu