A consumación sexual do amor co monstro no conto de fadas moderno The Shape of Water do cineasta Guillermo del Toro

Rocío G-Pedreira
2020 Boletín Galego de Literatura  
O mito do amor romántico entre a monstruosidade e o ser humano foi unha constante nas creacións literarias de todos os tempos dende a antigüidade clásica. Nesta nota farase unha breve análise comparativa da consumación sexual deste sentimento na película The Shape of Water (2017), de Guillermo del Toro (México, 1964), con respecto a outras narrativas anteriores, profundando tamén noutros aspectos como os rostros do monstro no filme ou a súa proximidade coa fórmula dos contos de fadas.
doi:10.15304/bgl.55.6278 fatcat:yfk6whmiyncmheaicpa6f4tdji