Representacións literarias e fílmicas do Vigo contemporáneo

Alba Diz Villanueva
2019 Revista de Filología Románica  
Recibido: 22 de julio de 2018/ Aceptado: 22 de noviembre de 2018. Resumo. O obxectivo do presente traballo é presentar as metáforas recorrentes nas representacións da cidade de Vigo na literatura e no cine, con especial atención á imaxe totalizadora que está presente en todas elas, a cidade hostil. O estudo analiza as distintas causas de hostilidade urbana que se poden recoñecer nas películas e textos literarios. Palabras chave: Vigo; metáforas urbanas; cidade hostil; recreacións literarias e
more » ... lmicas. [en] Literary and filmic representations of modern Vigo Abstract. The aim of this paper is to present the recurrent metaphors in the literary and filmic representations of Vigo, paying attention to the main image in all of them, hostile city. This study analyzes the different causes of this urban hostility that can be recognized in films and literary texts. Keywords: Vigo; urban metaphors; hostil city; literary and filmic representations. Sumario: 1. Introdución. 2. Metáforas urbanas. 3. A cidade hostil. 4. A outra cara de Vigo: trazos positivos. Bibliografía. Cómo citar: Diz Villanueva, A. (2019). Representacións literarias e fílmicas do Vigo contemporáneo, en Revista de Filología Románica 36, 201-218. Diz Villanueva, A. Rev. filol. rom. 36, 2019: 201-218 202 haustivo, abrangue algúns dos exemplos máis salientables das recreacións artísticas da cidade olívica, desde as derradeiras décadas do pasado século ata os nosos días. 2 Cidade periférica e portuaria, núcleo urbano importante que concentra poboación dunha ampla zona xeográfica circundante, Vigo presenta unha serie de características que a converten nun escenario atractivo desde o punto de vista literario e, aínda que en menor medida, tamén fílmico. A este respecto sinala Manuel Forcadela no seu escrito "Vigo literario" (Forcadela s.d.): Esta cidade en rede, tan semellante a moitas cidades americanas e situada no mesmo paralelo que Nova York, sería, por vocación e por historia, a impulsora da modernidade en Galicia e aínda, alén diso, da posmodernidade. Se Compostela é a tradición milenaria, a plasmación en pedra dun xeito de ser que vai desde o románico ao barroco, Vigo sería o caos, lugar de confrontación das diferentes tensións ideolóxicas e sociais, o punto en que se entrecruzan o moderno e o tradicional, o autóctono e o alleo.
doi:10.5209/rfrm.63513 fatcat:b3jykhkfinh3vfh4vq33n4v5ci