O LÉXICO DA ENFERMIDADE NAS CAntIGAs DE sAntA MARIA

Déborah González
2017 Estudis Romànics   unpublished
Con frecuencia, as Cantigas de santa Maria son postas como paradigma de obra medieval que, máis que propiciar, requiren dunha observación multidisciplinar que favo-reza unha mellor comprensión do conxunto. Deste modo, os estudos léxicos enténdense necesarios non só polos avances que poidan supoñer propiamente no eido lingüístico, senón tamén polas implicacións que poden ter noutras disciplinas máis próximas como a Literatura e a Filoloxía. Debido ás características da colección, a enfermidade
more » ... s Cantigas é un motivo temá-tico frecuente que, ademais, pode ser analizado desde moi distintas ópticas. Nas páxinas que seguen temos como obxectivo facer unha achega ao vocabulario relativo á enfermida-de, centrándonos especialmente no das doenzas e discapacidades físicas. 1. TERMOS XERAIS Aínda que nos milagres abundan termos específicos para designar as distintas enfer-midades, non é inusual a presenza de termos xerais para aludir á doenza ou a quen a pade-ce. No interior das Cantigas, rexístrase a expresión enfermidade (do latín, ĭnfĭrmĭtātem) en múltiples ocasións, e en concorrencia coas variantes enfermedade, anfermidade e an-fermedade. Da mesma familia léxica, encóntrase como substantivo e adxectivo enfermo/ enferma, o verbo enfermar e o substantivo derivado enfermaria/enfermeria. Como sinó-nimo, pero con menor frecuencia no corpus, documéntase doença (do latín, dolentĭa), e, pertencentes á mesma familia, localízanse doente e distintas formas verbais de adoe-cer. Outras expresións sinónimas rexistradas son maloutia/malautia, o substantivo mal, e * Este traballo forma parte do Estudo léxico-semántico das Cantigas de santa Maria, proxecto que conta co financiamento da Xunta de Galicia para o período 2013-2015, de estadía postdoutoral no Centre for the Study of the Cantigas de santa Maria da Oxford University.
fatcat:guoseg2sybdftgfk4b3lxfndoe